CUESTIONARIOS

Aquí poderás encontrar cuestionarios que avalían diferentes variables asociadas ao consumo de videoxogos. 

Este cuestionario é o máis potente, xa que aporta información integral, englobando todas as enquisas. Deste xeito, pódense avaliar de maneira holística e integradora os resultados obtidos, polo que é extremadamente recomendable realizalo no caso de querer obter un informe detallado. Así, as conclusións obtidas serán máis precisas e axeitadas para cada caso persoal.

Este instrumento validado internacionalmente constitúe unha das principais ferramentas de cribado de uso problemático e adicción a videoxogos. Basicamente, permite avaliar se o consumo de videoxogos está producindo dano nalgunha esfera da vida do consumidor

Este instrumento fai unha valoración dos hábitos de uso de videoxogos, fundamentalmente en términos de periodicidade (frecuencia de xogo), intensidade (horas invertidas), preferencias, coñecemento e gasto de diñeiro real.

A toxicidade, segundo os propios usuarios, converteuse nun compoñente endémico do xogo online (Beres et al., 2021), polo que este concepto adquiriu moita relevancia nestes últimos anos. Este cuestionario permite analizar a presencia de condutas tóxicas a través da interacción con videoxogos online. Valórase tanto a victimización (é decir, o sufrimento de condutas realizadas por outros xogadores) como a perpetración (isto é, a realización de condutas tóxicas).

Se queres algunha aclaración en relación cos cuestionarios, non dubides en preguntar, xa sexa na sección de “Dúbidas” do foro ou a través da páxina de Contacto .