Quen somos?

Somos un grupo de rapaces amantes dos videoxogos que desexamos que os xóvenes poidamos desfrutar ao máximo este hobby que tanto nos apaixoa.

Por que este proxecto?

Na nosa experiencia, a pesar de ben intencionadas, as accións en materia de prevención de problemáticas asociadas ao consumo de videoxogos non conseguen chegar á xuventude. Todos somos conscientes de que un uso excesivo ou baixo determinadas circunstancias pode producir consecuencias adversas, mais ninguen foi quen de explicarnos cales son esas consecuencias e que facer para evitalas. Nesta liña, as iniciativas propostas tenden a ser establecidas dun xeito top-down, é dicir, impóñense medidas dende os axentes de prevención sen consultar nen facer partícipes á población obxectivo, neste caso a xuventude.

Que facemos?

Buscamos romper con esa perspectiva e facer que a xuventude sexa a protagonista da propia prevención. Cremos firmemente que, se se lle proporciona á xuventude as ferramentas adecuadas, estes non só estarán máis concienciados e sensibilizados, senón que incluso se autorregularán, conseguindo disfrutar ao máximo desta afición que todos compartimos.

A través do portal aegis prevención, temos 5 obxectivos fundamentais:
 –  Producir un empoderamento dos adolescentes en termos de prevención.
 –  Fomentar o pensamento crítico e as habilidades de autorregulación.
 –  Concienciar e sensibilizar en termos de videoxogos.
 –  Dispor de ferramentas de cribado adecuadas para a detección temperá
 –  Divulgación e investigación científica en materia de videoxogos

Como o facemos?

Perseguimos a consecución dos nosos obxectivos dende 3 vertentes diferenciadas:

 

 

Coa sección de cuestionarios tratamos de proporcionar á xuventude instrumentos científicos validados que lles permitan levar un autocribado do consumo que están realizando. Deste xeito, poderase realizar unha detección precoz das problemáticas asociadas e posibilitando unha intervención temperá. Ademais de proporcionar ferramentas que os adolescentes poden utilizar libremente, realizamos sesión presenciais en centros educativos, podendo obter unha radiografía do uso de videoxogos dende un punto de vista colectivo.

 

 

 

A través do blog, buscamos dunha maneira entretida proporcionar coñecemento científico sobre a industria, posibilitando que a xuventude dispoña da información necesaria para poder ser consumidores críticos e a súa autorregulación.

Por medio do foro, preténdese fundamentalmente crear un ambiente cálido no que todo o mundo se poida expresar e compartir as suas vivencias relacionadas co uso de videoxogos. Desgraciadamente, na nosa experiencia neste hobby é frecuente que se produzcan situacións conflictivas en relación co consumo de videoxogos, asociadas, entre moitos outros factores, ao descoñecemento e incomprensión da industria. Isto pode producir consecuencias adversas nos seus usuarios, dende a incomprensión ata o illamento e incluso, a dependencia. A sección de “Fogata” do foro existe precisamente para que todos poidamos compartir estas experiencias asociadas ao uso de videoxogos, creando un sentimento de comunidade e axudándonos entre todos a disfrutar deste marabilloso hobby no seu máximo exponente.
O resto de seccións do foro existen para que todos poidamos compratir o hobby e tamén para proporcionar unha vía de interacción cos creadores da plataforma, xa que o feedback da xuventude, é a clave para o éxito do proxecto.